lunes, 10 de octubre de 2016

O equipo Picasexto conta como foi a semana (3/10/16-7/10/16)

Bos días, somos o equipo Picasexto (Clara, Pedro, Alexia e Iker) e ímosvos contar como foi a nosa semana...

Algunhas das cousas que fiexemos foron: unha liña do tempo sobre a cartografía, prácticas para localizar puntos nun mapa a través de coordenadas, Nhoa trouxo unhas cartas de navegación do seu pai incríbles, e Iker unha brúxula que parece do mesmo Capitán Nemo...






Compartimos cos nosos compañeiros a información que atopamos sobre a orixe e evolución da agricultura, coa que comezamos a prepararnos para o cultivo da nosa horta. E algúns equipos incluso representaron obras teatrais elaboradas por eles mesmos.



En galego, repasando as características e elementos da linguaxe verbal e  e non verbal, rematamos investigando a Louis Barille e escribindo a súa biografía, xa que nos pareceu moiiii interesante!


En Ciencias naturais, elaboramos mapas mentais sobre o aparato vexetativo das plantas e intentamos observar no microscopio células vexetais (con pouco éxito... temos que mellorar niso...).



En plástica, imos participar nun concurso de logos para o proxecto deste ano de Erasmus +, chamado "Your history is our history"; din que os finalistas serán premiados e que o logo viaxará polo mundo... estamos entusiasmados!!



E coas historias que creamos cada fin de semana imos facer a nosa propia colección de contos, que donaremos á biblioteca do centro... Será a nosa primeira publicación!

Ata aquí, o equipo Picasexto, esperamos que nos sigades lendo!

Un saúdo dende "A sexta parada".

No hay comentarios:

Publicar un comentario