sábado, 15 de octubre de 2016

O equipo S.L.J.3.0 conta como foi a semana (10/10/16-14/10/16)

Bos dias, somos o equipo S.L.J.3.0.(June, Lara e Sixto) e ímosvos contar como foi a nosa semana...

Foi unha semana moi divertida, ademais de corta... :)

Comezamos a traballar na horta: fixemos parellas e repartimos as parcelas. Cambiámonos e puxémonos mans á obra: arrincamos malas herbas, osixenamos a terra sachando e revolvéndoa, e recollimos a froita moi madura para facer compost.

Foi moi divertido, pero cansounos moito :)












En CCSS debuxamos os nosos propios mapas físicos, hai diferentes opinións: algúns pensamos que foi difícil e aburrido, outros que foi "chupado" e moi divertido... Xa se sabe, para gustos...




En arts&crafts colgamos as nosas obras puntillistas sobre outono para que todo o mundo poida  disfrutalas.




En reforzo de lingua e mate dividímonos en dúas clases: nunha quedamos con Alba, e estibemos xogando e divertíndonos con trabalinguas e palabras enacadenas; e a outra metade da clase traballou en tarefas de mate, na biblioteca (que está moi bonita despois da remodelación, e que agora abre tódolos recreos).


En lingua galega escribimos historias sobre as personaxes máis relevantes na historia da cartografía, xa que estamos realizando un proxecto sobre este tema. E algúns compañeiros superáronse así mesmos, mirade...


Xa entregamos os nosos logos para o concurso de Erasmus+, a ver se hai sorte...




Ata aquí o equipo  S.L.J.3.0.(June, Lara e Sixto), esperamos que nos sigades lendo!

Un saúdo dende "A sexta parada".

No hay comentarios:

Publicar un comentario