domingo, 15 de enero de 2017

As últimas aventuras do 2016 na "Sexta Parada"!

Algunhas das últimas aventuras do 2016 na "Sexta parada" foron...

As visitas de dous interesantes personaxes... Xa que estábamos estudando os animais, algúns compañeiros/as decidiron que sería boa idea traer obxectos de estudo, e non puideron estar máis acertados, foi xenial!






Convertímonos en expertos do lobo das neves, do can "salchicha", do coello, do flamenco, da foca e dos caimáns. Cada equipo cooperativo escolleu un animal e investigou todo sobre el: o seus órganos e funcionamento, clasificación segundo a súa alimentación e reproducción, ecosistema no que habita, curiosidades, etc.















Tamén rematamos sendo expertos en plantas, xa que cada equipo cooperativo realizou unha posta en práctica do aprendido creando a súa propia maqueta coas principais partes das plantas e flores. E voluntariamente continuamos ampliando o noso caderno de plantas e expoñendo información sobre as que máis nos interesaban.









Tamén avaliamos os nosos equipos cooperativos tódolos venres nas sesións de titoría para detectar aspectos a mellorar e contamos con varios compañeiros/as que están sendo formados polo departamento de orientación como "mediadores", que nos ensinaron a detectar as situacións que se poden considerar "conflictos" e como poder actuar nelas.





Observamos como ían medrando os chícharos que plantamos na clase e fixemos espantallos para que no Nadal os paxaros non comesen o que plantamos.




Fixemos manualidades de Nadal con piñas e MANDÁMONOS POSTAIS CON NENOS E NENAS DE POLONIA!! Foi moi emocionante cando recibimos o sobre! :) Estamos facendo algunhas actividades con eles grazas ao proxecto de Erasmus + como o teatro de sombras de "Ancient Times".









Tamén comezamos un clube de letura na biblioteca, e estamos esperando a que nos den os libros para lelo e comentalo todos xuntos. O libro que imos ler chámase " O ferreiro da lúa chea".




Estas foron algunhas das cousas que estivemos facendo as últimas semanas do ano. Xa vedes que estivemos atarefados.

Un saúdo dende "A Sexta parada"!

No hay comentarios:

Publicar un comentario