jueves, 25 de mayo de 2017

Maquineando con 5º!

Ola a todos!

En "La sexta parada" estamos a traballar nun proxecto intedisciplinar con 5º que é “electrificante”...porque estamos coñecendo e aprendendo sobre a elecrticidade, a electrónica e os seus usos. Chámase maquineando.


Aínda non o rematamos, pero xa fixemos un montón de cousas. O primeiro día estivemos a pensar qué obxectos levariamos a unha illa deserta, e descubrimos que moitos de nós levariamos cousas que dependen da electricidade, así que pouco nos durarían alí!!

Despois, investigamos en equipo sobre os circuítos eléctricos e os seus compoñentes...non sabiamos que había tantos! E todos teñen un símbolo distinto...vaia lío! Para solucionalo, despois fixemos unha destreza de pensamento, “as partes e o todo”, onde nos quedou claro para qué serve cada parte.

Fixemos unha presentación en Prezi cos nosos compañeiros de equipo sobre os circuítos, e expuxémosllela aos demais para comprobar que todos tiñamos a información correcta.

E despois chegou o máis divertido, e co que aínda seguimos. Estamos a traballar con Scratch!!!! Por se non sabedes que é, o scratch e unha linguaxe de programación que sirve para crear diferentes cousas que funcionan soas....e para mover robots! Estivemos traballando con un, a nosa nova mascota, e estamos desexando traballar máis con él e aprender cómo facelo!




Pero aínda queda proxecto por diante...estade atentos ás novidades!

No hay comentarios:

Publicar un comentario