sábado, 27 de mayo de 2017

OS NOSOS PRIMEIROS FROITOS!


   

      O pasado luns baixamos a horta os alumnos de sexto de Educación Primaria, pero no era un luns coma sempre, senón que levamos unha grata sorpresa ¡xa tiñamos, na maioría das parcelas, os nosos primeiros froitos!

      Algún grupo xa catou as primeiras fresas, saíron algúns comentarios como "están boísimas, saben millor cas do super", son os froitos máis inmediatos xa que hai outros que aínda non podemos probar; pero vemos o seu crecemento e algúns cambios, xa que a planta de pementos agora ten flores.
Xa imos tento unha boa "bolsa da compra"; leitugas de folla morada, leitugas rizadas, allos, cenorias, repolos, chícharos; pero por outros aínda teremos que esperar un pouco coma as coles de Bruselas, os pementos e os melóns.

      Tamen, transplantamos os careixós que tiñanos na clase xa que son froitos silvestres e consensuamos que xa estaban crecidiños para baixar a horta.

      Dende a Sexta parada dexámosvos un vídeo para que vexades que estamos feitos todos uns agricultores.




No hay comentarios:

Publicar un comentario