lunes, 26 de febrero de 2018

"XANEIRO E FEBREIRO, MESES DE SEMENTEIRO"








Ola, somos o grupo de 6º de Primaria e imos contar o que fixemos no segundo trimestre na asignatura de Horto Escolar. 

Traballamos sobre os sementeiros  xa que na nosa zoa, polo frío e as choivas, o traballo no horto sen invernadoiro non comeza ata entrada a primaveira.


En primeiro lugar fixemos un calendario do que podríamos prantar nestes meses de inverno. Deseguido fixemos unha investigación sobre os principais aspectos a ter en conta ao facer un sementeiro (tipos de materiais, propiedades da terra,...)

Cando rematamos a investigación, elaboramos os sementeiros prantando tomates, cebolas, leitugas, fabas, acelgas, cenoiras, etc. Confeccionamos as etiquetas e unha folla de control para ir observando a evolución das plantas.  Coidamos a diario as nosas prantas  regándoas, buscando as zoas de mais claridade e anotando o seu crecemento na folla de control.

Por último, preparamos unha exposición oral por grupos cooperativos que presentamos na clase ao resto dos compañeritos.

Esperamos que vos gustara a nosa publicación, GRAZAS POR LEELA!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario